Posts Tagged 'celta de vigo'

Previa: Celta – Huesca (18:30 horas – Balaidos – TVG)

celtahuesca

O Celta comeza unha nova era. O sétimo proxecto desde que Carlos Mouriño accedeu á presidencia do club. En plena depresión, xorde a figura de Eusebio Sancristán como salvador. Polo menos como esperanza para combater o tedio e o desastre. O novo adestrador promete devolver o fútbol a un campo farto do punterazo, pero ao mesmo tempo necesita resultados. A pantasma do descenso está a día de hoxe demasiado preto dun equipo que non está preparado para moverse nese tipo de batallas.

Catro días vestido de curto foron suficientes para intuír os cambios que veñen en camiño. O valisoletano chegou a Vigo cos apuntamentos de Cruyff debaixo do brazo. O Celta estreará un 4-3-3 como sistema táctico. Será o punto de arranque dunha aposta que coida o balón e que pretende converter ao Celta en protagonista do partido. Para conseguilo Eusebio dará entrada a Trashorras para ordenar o xogo celeste desde o trivote de medio campo e alimentará a dianteira colocando a tres xogadores con chegada. Desde fai moito tempo pensar en máis de dous homes de ataque era unha ousadía.

A aposta soa a lindo desafío na categoría do músculo, pero ese ilusionante paso adiante ten un punto de risco. ¿Como se comportará o equipo con tan só catro sesións de adestramento? e ¿Como responderá un rival que sairá a xogar con tan só un punta e un centro do campo súper poboado?

Porque para recuperar o celtismo Eusebio necesita sacar o seu mellor mostrario de fútbol pero para salvar ao equipo do descenso necesita resultados. Aínda que a semana e os cambios tapárono todo, o Celta chega á cita logo de sete xornadas sen gañar, con dúas míseros empates como rañicas botín e co descenso a cinco puntos. Calquera descoido ante o Huesca podería converter o escenario de optimismo que desatou o efecto Eusebio nun drama.

Os azulgranas chegan nunha situación moito máis desafogada. Con catro puntos máis que os celestes no ano do seu regreso a Segunda e no centro da zaga, pero tamén cunha conta pendente. Non gañan a domicilio desde principios de outubro pasado en Alacante, case unha volta enteira. Por iso Antonio Calderón ensaiei ao longo da semana un cambio de sistema para gañar solidez defensiva e para xogar cun só punta.

Quizais pensando que Balaídos neste 2009 converteuse nun verxel. Castelló e Éibar levaron o triunfo co mínimo

Eusebio apostará por un 4-3-3

Dous días de adestramento á fronte do Celta encargáronse de anunciar que o regreso do fútbol está en camiño. Eusebio Sancristán incidiu no 4-3-3 en todos os seus ensaios ata o momento, co toque e a chegada como motivos principais da súa aposta e coa presión en zonas de risco para o rival como principal recurso defensivo.

O cambio de entrada, e pendente dos resultados, parece radical. Salvo contadas excepcións o músculo, a defensa e a contra foron o caldo de cultivo celeste ao longo do último ano e medio, aspectos levados á súa máxima expresión por Pepe Murcia, que rescatou a defensa de cinco unidades e o trivote con acento defensivo.

O valisoletano tamén apostará por unha liña de tres no medio campo, pero cunha confección completamente diferente. En todos os seus ensaios combinou os mediocentros de carácter defensivos con futbolistas como Trashorras ou Michu que teñen moita máis chegada. A idea por encima de todo é ter o balón. Converter ao Celta nun equipo protagonista e non nun sobrevivente.

En ataque, imponse as teorías do cruyffismo. Dous extremos moi abertos e un punta como referencia. Dani Abalo, Óscar Díaz, Ghilas e ata Maris deben profundar no xogo de costado mentres o remate parece máis cuestión de Dinei e David Rodríguez.

Atrás, non haberá experimentos con laterais de longo percorrido, pero si risco controlado. A presión sobre o rival ten que ser moito máis arriba, preto da súa zona de influencia. Ata o momento o Celta esperaba, nalgúns casos case colgado do traveseiro como sucedera na ida en Huesca.

A súa aposta pretende pór en dúbida o manual de Segunda División. O que indica que xogo e resultados son conceptos antagónicos nunha categoría onde o músculo, a fortaleza defensiva e a estratexia parecen primar por encima do demais. Trashorras puxo en dúbida tan manido argumento: «Creo que en todas as categorías pódese xogar ao fútbol. Penso que o que máis propoña e máis ocasións cre é o que ten máis posibilidades de gañar. Penso que o mellor xogue case sempre acabará gañando. Non creo que iso non se poida dar en Segunda División, é un tópico do que se di. Coñezo equipos que subiron xogando ben e outros non moi ben». De feito o Hércules e o Tenerife, e ata o Zaragoza están apostando polo fútbol de ataque e a táboa di que non lles vai nada mal.

Este desafío co risco parece ademais máis acorde co tipo de futbolistas que reúne o cadro de persoal do Celta, con xogadores de calidade, con homes con desborde por banda e con cinco mediocentros que raramente terían cabida noutro sistema que anulase o trivote. A Eusebio quédanlle dous días máis para perfilar a estratexia. Despois o Huesca emitirá o primeiro veredicto.

alineacion4331

Posibles cambios na alineación

Acertar a aliñación que vai presentar Pepe Murcia esta tarde en Tenerife é máis difícil que acertar a quiniela. Tras os malos resultados dos últimos encontros as incógnitas son moitas e en case todas as posicións.

É segura a presenza de Notario na portería, e de Peña con Rubén no centro da defensa tras a lesión de Noguerol. Nos laterais o normal é que estea Edu Moya pola dereita e Roberto Lago pola esquerda.

A partir de aí empezan as dúbidas. Oubiña ten o posto asegurado no dobre pivote, pero non está claro quen será o seu acompañante. Todo apunta a que Jonathan Vila. Ambos formaron parella fronte ao Castelló en casa e non saíu moi ben, aínda que quizais fose de casa e nas circunstancias actuais sexa diferente.

En canto ao cuarteto máis ofensivo, a dúbida estriba no sistema de xogo. Pepe Murcia non dado pistas sobre se manterá os dous dianteiros ou dará entrada a Roberto Trashorras apostando por un 4-2-3-1.

Se hai cambio, o de Rábade estaría por detrás de Dinei. Se xogan dúas puntas, serán os de sempre, entre outras cousas porque non hai máis coa baixa de Maris: Dinei e David Rodríguez.

As bandas tampouco están claras. Dani Abalo, Óscar Díaz e Ghilas dispútanse dous postos, sen descartar a Danilo. A baixa forma de Dani Abalo e Óscar Díaz podería deixar fóra a un dos dous e dar entrada a Kamel Ghilas. Calquera combinación é posible, porque o alxerino tampouco estivo nada fino o pasado sábado ante o Éibar xogando pola esquerda.

alineacion1

Lista de convocados: Tenerife – Celta

O adestrador do Real Club Celta, Pepe Murcia, convocou a 18 xogadores pra o partido deste domingo ante o Tenerife (Heliodoro Rodríguez López, 17:00, hora insular). É baixa por lesión Francisco Noguerol, mentre que Maris estará ausente a causa da enfermedade que arrastra dende fai uns días e Ariel Rosada perderase o choque por acumulación de amonestacións. Na lista, figura de novo o central do filial Jordi, non están por decisión técnica Fabiano, Renan e George Lucas.

Porteiros: Notario e Falcón
Defensas: Peña, Roberto Lago, Rubén, Fajardo, Edu Moya e Jordi
Medios: Oubiña, Trashorras, Danilo, Óscar Díaz, J. Vila, Michu e Dani Abalo
Dianteiros: Ghilas, David e Dinei

Noguerol sustituira a Peña fronte o Alavés

pena

A baixa por sanción de Juan Manuel Peña obligará ao técnico do Celta, Pepe Murcia, a recompor a defensa no partido do próximo sábado ante o Alavés en Mendizorroza. O defensa central boliviano veu o domingo ante o Hércules a quinta tarxeta amarela  «por derriba a un contrario en la disputa del balón» e será sancionado mañan co correspondente encontro de suspensión polo Comité de Competición, xa que o Celta non presentou alegacións contra a decisión arbitral.
A ausencia de Peña, capitán do equipo e indiscutible pra Pepe Murcia dende a cuarta xornada de Liga, propiciará a modificación o once celeste despois de duas xornadas consecutivas inalterado, amabas saldadas con victoria.
O recambio do boliviano será o ourensán Francisco Noguerol, que contará coa nova oportunidade pra reivindicarse aos ollos do técnico nunha tempada en que os minutos estánlle chegando con contagotas. O zagueiro galega foi titular nos tres primeiros partidos de liga, saldados con derrota, e perdeu a titularidade na cuarta xornada, en Ipurua, en beneficio de Peña. Posteriormente foi titular en Albacete e Córdoba pero sempre por ausencia dun dos dous centrais titulares.
Éste é o segundo partido de Liga que o zagueiro boliviano perdese por sanción, pois xa causou baixa frente ao Albacete tras ser expulsado con tarxeta vermella directa nos minutos finais do duelo en Balaídos ante o Alicante.
Salvo últimos contratempos ao largo da semana, a de Juanma Peña será a única baixa coa que contará o adestrador do Celta pra o duelo de Mendizorroza, toda vez que Kamel Ghilas, ausente a pasada semana da cidade por un problema familiar, reincorporase hoxe aos adestramentos nas instalacións de A Madroa.

Non parece, en todo caso, que o regreso do arxelino vaia a alterar os plans de Pepe Murcia de cara ao encontro ante o Alavés, pois o técnico celeste non é amigo dos cambios cando as cosas funcionan e dase como seguro que ante os vitorianos repetirá o debuxo dos dianteiros das últimas xornadas. Dese modo, tanto Ghilas como Roberto Trashorras se quedarían fora do once inicial en beneficio de Óscar Díaz e David Rodríguez, respectivamente.
Máis problemas que o Celta ten o Alavés, pois o conxunto de Vitoria perde a dous homes indiscutibles en defensa nesta tempada, o lateral dereito Javer Almirón e o defensa central César Fernández das Heras.

¿Queda tempo pra o ascenso? ou ¿Esta imposible?

ascenso_268x201.jpg Esa é a pregunta que se fan moitos celtistas despois do partido do domingo contra o Elche que acabou 2-2. Os xogadores siguen crendo que o ascenso e posible e están seguros de poder ascender. Mario Suárez dixo: «Jugando así acabamos ascendiendo seguro», Okkas quixo «darle la enhorabuena a mis compañeros, demostramos ser muy buenos», Lucas destaca «Fuimos once leones sobre el campo. Con ese espíritu claro hay que creer», Esteban «Éste el el momento de estar unidos y tirar para adelante», e Agus esta seguro de que van a ascender «Todos creemos en el ascenso, hay que pasar página y pensar en Xerez». Encontra do que opina a plantilla esta o Señor Mouriño, é o que ofreceu unha visión máis pesimista «El equipo no se acaba de enganchar y pierde fuerza en las segundas partes. Mientras el árbitro no pite el final y sigamos teniendo esperanzas, hay que agotar nuestras posibilidades de llegar arriba si es que aún las hay».

Agora vou dar eu miña opinión: Temos a tendencia a exaserar todo ata o extremo. Cando o Celta gañou dous partidos seguidos decíamos que xa estabamos en primeira, que Quincy era o mellor do mundo e se me apuran, que en dous anos o Celta estaba outra vez en Champions. Ayer, en cambio, todo era ao revés. Los jugadores, todos uns paquetes; por non falar do entrenador. E o que necesita pra ascender o Celta ¡É un milagro!

Pois non recortar seis puntos en quince partidos non é ningún milagro. É máis, é unha empresa do máis terrenal. Ata os santos perden a veces a fe, pero, os milagros existen. Sobre todo cando son tan pouco milagrosos. Nestas quince últimas finais xogamos contra rivais directos, contra o Málaga, Numancia, Real Sociedad, Sporting… Así que o ascenso é posible.   ¿Vos que opinades?


HalaCelta.Es

Visitas

  • 48.487