Celta B 0-1 Barakaldo

O once inicial do filial vigués formárono: Yoel, Guardado, Alba, Jordi, Aitor, Aicart, Cristian, Ferrán, J.Álvarez, Mateo e Oriol. Tamén saíron no 2º tempo: Candela, Dani Gaíl e I.Aspas.

Do Barakaldo xogaron: Basauri, Urbano, Cerro, Rubio, Solaun, Koldo Garcés, Urrutia, Ibai Rejas, Asier Eizaguirre, Arbilla e Bolo. Posteriormente entraron no terreo de xogo: Arman Imaz, Piojo e Izeta.

Os célticos volveron caer na casa, tras un bó partido con moitas máis ocasións que os visitantes, perdeu en Barreiro 3 puntos que como non pasaba a tempada pasada, están a escapar esta.

E non é por falta de ocasións, nin por un mal xogo, nin por falta de gañas… senon por falta de puntería. Algo inexplicable cando nalgúns partidos pasan dos 3 a favor, na casa ou fora… E é que últimamente parece que o balón non quere entrar na portería contraria, varias ocasións fallidas ou por un bó porteiro ou por uns palos que parecen ter vida. Na propia portería… para os visitantes, tres ocasións, un gol.

Comezaron fortes os nosos, achegándose á portería do Barakaldo, metendo presión, pero sen conseguir nada. Chegou o descanso e cambiaron os papeis.. en apenas 3 minutos o Barakaldo meteuse tanto na zona de perigo dos locais, que remataron marcando. No minuto 3, Eizaguirre daba a vitoria aos seus, e facía que pese aos minutos que quedaban de encontro, rematase. Non acabou aquí por falta de gañas e porque non empurrasen os célticos, senon porque o marcador quedou así. Intentárono os locais, pero os visitantes puxéronse firmes, defenderon con garra e conseguiron o seu obxectivo, gañar.

Athletic Bilbao B 0-3 Celta B

Por parte do filial vigués xogaron: Yoel, Guardado, Alba, Jordi, Aitor, Aicart, Cristian, Ferrán, J. Álvarez, Mateo e Oriol; máis tarde tamén entraron: I.Aspas, Candela e Dani Gaíl.

Por lado do filial do Athletic: Mandaluniz, Larrea, Xabi Etxebarría, Ekiza, Iñigo Pérez, Oinatz, Soberón, A.Goñi, Ismael, Kijera, Enziondo e máis tarde; Etxeita, J.Goñi e Líbano.

Tras dúas derrotas consecutivas os celestes volveron ao bó camiño, conseguindo así, os 3 puntos e un bó partido.

O Celta B comezou forte, tanto que aos 5 minutos do comezo do encontro, Ferrán os adiantaba no electrónico. Cun equipo moi ordenado, xogando ben, asoballando ao equipo contrario, gañando e creando ocasións, as cousas pintaban moi ben. E así foi, malia que houbo que esperar ao segundo tempo para ver máis goles, os celestes cumpliron e gañaron con solvencia o partido.

Os outros dous goles chegaron por parte de Dani Gaíl aos 10 minutos da segunda metade, e J. Álvarez aos 10 minutos do segundo tanto.

A falta de pouco menos de 10 minutos para o final do encontro, o árbitro expulsou de vermella directa a un xogador local, Ismael.

Celta B 0-1 Marino

Once inicial do filial céltico: Yoel, Guardado, Alba, Jordi, Aitor, Aicart, Cristian, J.Álvarez, Dani Gaíl, Ferrán e Oriol. Tamén saíron no 2º tempo: Túñez, despois de 8 meses fora dos terreos de xogo; I.Aspas e Suanes.

Por parte do Marino xogaron: Guillermo, Damián, Carmona, Ález, Samuel Barrio, Serrano, Jaime, Pablo Díaz, Rubén Suárez, Pablo Lago e Aitor Hervás. Tamén pisaron os terreos de xogo, Ocaña, Sergio Labrado e Jabuti.

Tras un partido raro, con moitas ocasións para os vigueses (pero con moitos perdóns) o Marino logro levar os 3 puntos para casa, cun gol de Jaime no minuto 15 da segunda parte.

Os locais perdoaron moito, xogaron ben, tocaron, crearon ocasións, pero non as culminaron. Os visitantes, moi agazapados, sen facer moito máis que manter a orde na defensa, deron o golpe á volta do descanso, cando ninguén esperaba da súa reacción.

O máis destacado do partido foi o troco na segunda metade, de Aitor por Túñez, o que implicou a volta aos terreos de xogo deste último, tras saír da lesión que o mantivo apartado 8 meses.

Sporting B 1-0 CELTA B

Nesta xornada o filial céltico non conseguíu superar aos sportinguistas, pese a contar con moitas, e clarísimas ocasións e ca axuda, de ter sobre o céspede un futbolista máis.

O encontro decantaouse do lado local nos derradeiros minutos, cando nunha xogada a balón parado e despois de varios rechaces, Javi Poves adiantaba e daba así, os tres puntos ao seu equipo.

Foi un partido moi aberto, onde non había un claro dominador, idas e voltas, nisto resúmese o encontro. Aos celestes faltoulle o acerto, xa que de ocasións, dispuxeron bastantes. Na segunda metade o cadro local xogou con 10, e foi aquí cando os célticos dominaron máis, pero o gol non chegou.

Por parte do filial vigués xogaron: Yoel, Guardado, Alba, Jordi, Campillo, Aicart, Cristian, Ferrán, J. Álvarez, Dani Gaíl e Oriol; máis tarde tamén entraron: Suanes e Iago Aspas.

Por lado do filial racinguista participaron no encontro: Dani Laviana, Pedro, José Ángel, Omar, Javi Poves, Parra, Pablo Acebal, Carlos Álvarez, Nacho Cases, Carlinos e Sergio Prendes; tamén: Hugo, Lázaro e Jorge.

O árbitro ( Ander Zabarreitia Parrieta) tivo moito traballo e sacou tarxetas amarelas aos seguintes xogadores: (x2) Carlinos, Dani Laviana, Pedro, José Ángel, Javi Poves, Nacho Cases e Lázaro por parte do Racing B; por parte do Celta B a Aicart, Dani Gaíl e Oriol.

CELTA B 4-0 Racing B

Partidazo, ese é o resumo do que fixeron os nosos canteiráns na derradeira xornada de liga, no campo de Barreiro.

Máis que tres puntos, o que conseguiron este domingo en Barreiro, foi dar unha gran lección de fútbol, demostraron que o traballo en equipo é o único válido para acadar o obxectivo, a vitoria.

Bó fútbol e novas perlas, xogadores que algures, serán moi grandes. E é que entre os máis destacados, está Ferrán, un rapaz que xa debutara o ano pasado co primeiro equipo, e que éste, non está a facelo nada mal no filia; pero neste partido, lucíuse, mostrou todo o que ten ou alomenos unha boa parte delo, mareou cantas veces quixo aos racinguistas.

Ámbolos dous equipos comezaron forte, un (os visitantes) tocando e tocando, intentando achegarse á portería contraria, e outro (os locais) evitando que os outros non chegasen, e con velocidade asoballando a portería contraria. Os celestes en 9 minutos xa conseguiran máis dunha boa ocasión de gol, que por pouco, marcharon fora.

Pero os goles non fixeron esperar moito máis, xa que ao cuarto de hora, J.Álvarez con velocidade e desborde chegou á meta rival e non dubidou en pasarlla a Ferrán, quen cun golpe firme, mandouna ao fondo das mallas. Trala inauguración do electrónico, o resto foi coser e cantar, aos escasos 10 minutos do primeiro gol, chegou o segundo, obra de Jordi.

Tralo descanso, os célticos en vez de tentar defendelo resultado, foron a máis, tanto, que no comezo do segundo tempo, no minuto 56, Oriol tras un pase de Ferrán, anotou, de cabeza, o terceiro tanto.

Xa sen moito que facer, o Racing intentouno, pero non logrou nada máis que encaixar outro gol máis, obra dun espectacular Ferrán.

E 3 puntos máis para o filial, cos cales xa suman 12 e se sitúan no 3º posto da clasificación.

Deportivo B 1-1 CELTA B

E por 2ª xornada consecutiva, o Celta B disputou un derbi no que non lle saíron mal as cousas, xa que nunha mesma semana (mércores 1-0 contra o Pontevedra) tras enfrontarse a dous equipos galegos, conseguíu 4 puntos.

E é que o balance do noso filial no que levamos de liga, 6 xornadas, non é nada malo xa que con 3 empates, 2 vitorias e 1 derrota sitúase con 9 puntos no 9º posto na clasificación do Grupo I da 2ª B.

Os «pequenos» xa nos demostraron que saben recompoñerse tras comezar perdendo e cambiar o resultado, e nesta xornada demostráronnolo unha vez máis ao rematar empatando un partido que se lles puxo costa arriba no momento en que o Deportivo B adiantábase no marcador aos 6 minutos de comezar o partido, por medio de Iván Pérez.

O feito de que os coruñeses se adiantaran no marcador e tan cedo, provocou que se pechasen no seu campo e protexer así a súa vantaxe. Os vigueses intentárono, non se viñeron abaixo e no segundo tempo con apenas 5 minutos da segunda parte empataron o encontro grazas a un erro defensivo dos locais que provocou o gol en propia meta de Sergio Benito.

E como é lóxico nun derbi, ningún dos dous quería perder, máis que polos tres puntos, pola satisfación de «estar por enriba» do equipo contrario, así que os dous foron a polo partido. Insistindo un pouco máis os celestes ningún dos dous conseguíu cambialo resultado.

Por parte do Celta B xogaron: Yoel, Guardado, Alba, Jordi, Aitor, Aicart, Crisitian, Pedro, Chupe, Orial e Suanes no once titular, despois tamén entraron: Toni, Candela e Dani Gaíl.

Por parte do Deportivo B: Valín, Sergio Benito, Héctor Granado, Juanan, Rochela, Momar, Pirri, Nacho, Lassad, Iván Pérez e Iván Carril. Tamén xogaron: Seoane, Guille e Hugo.

Deja un comentario




HalaCelta.Es

Visitas

  • 48.487