Previa: Tenerife – Celta “Gañar ou gañar” (18:00 hora insular – Heliodoro Rodríguez López)

tenerifecelta

Partido crucial, pra que siga Pepe Murcia fronte o Celta, ainda que dende a directiva digan que non. Unha derrota, coa mala imaxe dos ultimos partidos podería ser o ultimatun pra Pepe Murcia, e se perden a situación xa empezaria a ser preocupante porque acercarianse aos postos de descenso. Fai un mes loitabamos polo liderato e agora loitamos por non descender, que triste.
O escenario, onde o Celta quere comezar de novo a remontada e complicado, cun Tenerife moi crecido, que atravesa unha boa racha de resultados e esta arroupado, por unha afección que xa nos gustaria ter a nos. A media de espectadores por partido que van ao estadio e de 20.000, a Balaidos non vai nin a terceira parte.
O Tenerife son segundos na clasificación e leva seis partidos sen perder, con catro vitorias e dous empates. Ao contrario o Celta leva seis partido sen gañar, e consegui 2 puntos de 18 posibles.
Pero Pepe Murcia, cree na vitoria, ve ao equipo con moral de gañar no Heliodoro Rodríguez López, e sabe que na primeira volta despois de gañarlle ao Tenerife, na quinta xornada, o equipo empezou a crecer, podendo situarse no primeiro posto da tabla. E mirarnos agora a seis puntos do descenso.

Fai un mes todo era optimismo e agora todo pesimismo. Nin antes eramos tan bos, nin agora tan malos. Oxala podamos conseguir a victoria, e volver a ver partidos como o de Balaidos contra o Zaragoza, e empece a vir xente a Balaidos, porque esta quedando deserto. Un SAÚDO e Hala CELTAAA!!!!!

0 Respuestas a “Previa: Tenerife – Celta “Gañar ou gañar” (18:00 hora insular – Heliodoro Rodríguez López)”



  1. Aún no hay comentarios

Escribe un comentario




HalaCelta.Es

Watch videos at Vodpod and other videos from this collection.

Visitas

  • 39,647