Noguerol sustituira a Peña fronte o Alavés

pena

A baixa por sanción de Juan Manuel Peña obligará ao técnico do Celta, Pepe Murcia, a recompor a defensa no partido do próximo sábado ante o Alavés en Mendizorroza. O defensa central boliviano veu o domingo ante o Hércules a quinta tarxeta amarela  ”por derriba a un contrario en la disputa del balón” e será sancionado mañan co correspondente encontro de suspensión polo Comité de Competición, xa que o Celta non presentou alegacións contra a decisión arbitral.
A ausencia de Peña, capitán do equipo e indiscutible pra Pepe Murcia dende a cuarta xornada de Liga, propiciará a modificación o once celeste despois de duas xornadas consecutivas inalterado, amabas saldadas con victoria.
O recambio do boliviano será o ourensán Francisco Noguerol, que contará coa nova oportunidade pra reivindicarse aos ollos do técnico nunha tempada en que os minutos estánlle chegando con contagotas. O zagueiro galega foi titular nos tres primeiros partidos de liga, saldados con derrota, e perdeu a titularidade na cuarta xornada, en Ipurua, en beneficio de Peña. Posteriormente foi titular en Albacete e Córdoba pero sempre por ausencia dun dos dous centrais titulares.
Éste é o segundo partido de Liga que o zagueiro boliviano perdese por sanción, pois xa causou baixa frente ao Albacete tras ser expulsado con tarxeta vermella directa nos minutos finais do duelo en Balaídos ante o Alicante.
Salvo últimos contratempos ao largo da semana, a de Juanma Peña será a única baixa coa que contará o adestrador do Celta pra o duelo de Mendizorroza, toda vez que Kamel Ghilas, ausente a pasada semana da cidade por un problema familiar, reincorporase hoxe aos adestramentos nas instalacións de A Madroa.

Non parece, en todo caso, que o regreso do arxelino vaia a alterar os plans de Pepe Murcia de cara ao encontro ante o Alavés, pois o técnico celeste non é amigo dos cambios cando as cosas funcionan e dase como seguro que ante os vitorianos repetirá o debuxo dos dianteiros das últimas xornadas. Dese modo, tanto Ghilas como Roberto Trashorras se quedarían fora do once inicial en beneficio de Óscar Díaz e David Rodríguez, respectivamente.
Máis problemas que o Celta ten o Alavés, pois o conxunto de Vitoria perde a dous homes indiscutibles en defensa nesta tempada, o lateral dereito Javer Almirón e o defensa central César Fernández das Heras.

0 Respuestas a “Noguerol sustituira a Peña fronte o Alavés”



  1. Aún no hay comentarios

Escribe un comentario




HalaCelta.Es

Watch videos at Vodpod and other videos from this collection.

Visitas

  • 39,647