Pepe Murcia dúbida se apostar polo esquema 4-4-2 ou polo 4-2-3-1

Tras utilizar durante toda a pretemporada un sistema 4-4-2, polo que ademais Pepe Murcia apostara publicamente nas súas declaracións, en Alacante cambiou o sistema de xogo para dispor un 4-2-3-1 no que Trashorras actuou como mediapunta.

Agora o técnico celeste di que poderá utilizar calquera debuxo táctico, porque iso non é o máis importante para que o equipo renda. Prefire non descubrir as súas cartas: “Dá igual que xoguemos un 4-4-2 ou un 4-2-3-1, o único que importa é o tipo de actitude que temos que desenvolver”, manifestou o andaluz onte en Vilarreal.

Sobre a posición de Roberto Trashorras, que de momento non se atopou cómodo nin de mediocentro, nin de mediapunta, Murcia apuntou: “Cando xoga de segundo punta ten bo manexo de balón e cando xoga de medio centro o mesmo. Trashorras pode xogar en calquera sitio. Non o estamos descubrindo agora”, comentou o adestrador sen despexar ningunha dúbida.

Para repetir unha formación parecida á do xoves en Alacante tería que prescindir de Kamel Ghilas, xa que só entraría un punta.

Celta 0-1 Girona Alineación: 4-4-2  Alicante 0-1 Celta Alineación: 4-2-3-1

0 Respuestas a “Pepe Murcia dúbida se apostar polo esquema 4-4-2 ou polo 4-2-3-1”



  1. Aún no hay comentarios

Escribe un comentario




HalaCelta.Es

Watch videos at Vodpod and other videos from this collection.

Visitas

  • 39,647