O Celta deixa escapar o volver a engancharse a as poucas opcións de ascenso que tiñan, nun partido moi superior do equipo vigués, no que mereceron más e quedaronse sen gol o premio que todo Balaidos (descontando os do Sporting) esperaba, un Balaidos con bo ambiente sobre 12.000 aficionados.
O Celta dominou o primeira parte, na que contou cun bo puñado de ocasións de gol, pero un sensacional porteiro Roberto privounos do gol na primeira parte, a primeira ocasión clara foi pra D.Costa no minuto 19 nun disparo que Roberto enviou a corner nunha man salvadora, a segunda ocasión foi pra Perera nun man a man que tirou ao moneco e o gardameta despexou cos pes. Acababa unha primeira parte nunha das mellores actuacións da temporada do Celta no que vai de temporada, moi fortes físicamente e ben plantados no medio do campo con
Rosada recuperando balóns e Michu e Jorge distribuindo o xogo.
A segunda parte chegou cun novo avisó do Celta, aos cinco minutos da reanudación, nunha acción de Diego Costa que levouse o balón ao punto de penalti e disparou, Roberto meteu unha man salvadora pra mandar o balón a corner. Logo o xogo equilibrouse por parte dos dous equipos e xogaban máis que nada no medio campo. Cando o Celta cansouse chegaron un par de ocasións roxiblancas. O Celta tivo no minuto 60 unha ocasión por parte de Perera que disparo un tiro ao largueiro, Antonio López moveu fichas e deu entrada a Quincy e Mario Suárez, a falta de dous minutos nun saque de esquina, Peña peinou un balón que marchou foro por milimetros.
Un dos mellores partidos da tempada por parte do Celta, que non puido acabar con victoria, e asi acabaronse as poucas opcións que nos quedaban do ansiado ascenso a primeira. Nuns intres o resumen do partido Celta 0-0 Sporting…

0 Respuestas a “Crónica: Celta 0-0 Sporting “Roberto priva da victoria ao Celta””