FOTOLOG CELTA DE VIGO
Galiza e Camerún empataron a 1 gol logo de transformar cadanseu penalti na segunda parte dun partido que se fixo interminable pola tardanza do seu inicio propiciado polo retraso da selección camerunesa.
Logo de motias especulacións e que os que estábamos en Balaídos non nos enterásemos de nada coñeceuse a verdade do retraso e da case cancelación do partido. O tema foi que os xogadores da selección africana ameazaron con non xoga-lo partido como forma de protesta polas primas que a federación camerunesa ten pensado darlles para a inminente Copa de Africa.
O caso e que saíu Camerún, preto das once da noite (non sei nin que hora era) e despois de dúas horas interminables de música a todo trapo e continuos atrasos no comezo do partido que fixo que moita xente abandoase Balaídos ao descanso por varios motivos: frio ou obrigacións laborais que invitaban a irse a durmir.
O partido tivo unha intensidad impropia dun partido amigable e contou co aliciente dunha selección camerunesa moi motivada despois de que o seu himno fose acompañado dunha máis que merecida pitada por parte da afección galega. Kameni especialmente mostrouse moi metido no partido e o seu enfrontamento con Jonathan Pereira é un augurio de futuros encontronazos entre dous xogadores de moito carácter. Sin moito máis que iso, e con máis xogo de mediocampo que outra cousa, chegamos á segunda metade na que a selección galega comezou a meter aos africanos na súa portería e froito dese dominio chegou unha clara acción de xogo perigoso castigada polo arbitro de tal xeito.
Ao lanzamento do libre indirecto, un defensa camerunés tivo que cometer penalti para evita-lo primeiro gol de Galiza. Penalti e expulsión como diría Rafa Guerrero, e gol da selección galega ao transformar o penalti de forma perfecta Julio Álvarez. Contra dez xogadores todo parecía indicar que á “irmandiña” só lle quedaba remata-lo partido en algún achegamento, e o certo e que os tivo pero a falta dun dianteiro “matador” impidiu aumenta-la renda, que finalmente se quedaría en nada con outro penalti por máns de Piscu dentro da área que transformaría Song.
En resumo, que á nosa selección plantoulle cara a unha selección de nivel mundial que, iso sí, non presentaba a súa selección de gala e chegou a Vigo con ausencias notables, pero para a historia quedará ese dia no que a selección galega tuteou e mereceu vencer aos “leóns indomables”. Que orgullo de selección.
P.D: A afección, impresionante. Ten moito mérito despois de agardar dúas horas en un dia desapacible e saíndo do estadio máis alá da medianoite. É que somos grandes. Gran ambiente, moita ilusión en torno a selección. Así da gusto. Gracias a todos os que alí estivestes e aguantastedes TODO.
Deixo o resumen e goles do partido. Sen máis que comentar saúdos e Feliza ano!!!!

Pues que se jodan, que al final les perdonamos… ¬¬